samsung galaxy core prime

configurar WhatsApp

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1

  • IMPORTANTE:
    LE ISTO ANTES DE INSTALAR WHATSAPP NO NOVO MÓBIL!!!


    • cando instalas WhatsApp nun novo teléfono seguirás tendo os mesmos grupos que tiñas antes, aínda que non terás o historial de conversas ou as fotos que che enviaran por WhatsApp no teu móbil antigo
    • se non tes interese en gardar ese historial, adiante, instala xa o WhatsApp no novo móbil. Nós recomendámosche que fagas isto; pensa en que é unha boa ocasión para facer limpeza e comezar de novo aforrando espazo
    • se pola contra, queres facer unha copia de todo WhatsApp, continúa lendo
    • debes saber que hai principalmente dúas formas de copiar TODO o WhatsApp:

      • copia a través de tarxeta de memoria: faise unha copia da aplicación na tarxeta de memoria do móbil antigo e despois, antes de instalar o whatsapp no novo, métese a SD nel
        a desvantaxe deste método é que non todos os móbiles teñen ranura para SD, e poderías non ter espazo suficiente na SD para facer a copia
        • se queres facer a copia deste xeito, preme aqui

      • copia a través do PC: trátase de facer unha copia da carpeta WhatsApp do móbil no ordenador e, posteriormente, pasar esta carpeta ao móbil novo antes de instalar o WhatsApp
        a desvantaxe deste método é ter que depender dun PC. Pola contra, non deberiamos ter problemas de espazo dispoñible nin depender de que os móbiles teñan ranura SD
        • se queres facer a copia deste xeito, preme aqui