introduce a ferramenta que atoparás na caixa do móbil nos buratos do lateral esquerdo para introducir a/s SIM/s nas bandexas correspondentes(1)
segue o mesmo procedemento no lateral dereito para inserir a microSD(2)
tipo de tarxeta SIM: microSIM
tipo de tarxeta SD: microSD
presta atención á colocación das tarxetas de acordo co indicado no debuxo
paso 2
a ranura USB para cargar o móbil ou conectalo ó ordenador atópase na parte inferior do terminal
paso 3
acende o móbil
paso 4
debes introducir o PIN da tarxeta SIM
atoparás o PIN na lata de sardiñas R que ven coa SIM ou na web de clientes R: http://clientes.mundo-r.com
paso 5
introduce o PIN da SIM(1) e preme na icona de VALIDAR
paso 6
selecciona o idioma do teléfono(1) e preme na icona de CONTINUAR
paso 7
en conexión wi-fi prememos SALTAR
poderemos conectarnos a unha rede wi-fi máis adiante
paso 8
a data e a hora estableceranse automaticamente en canto teñas conexión de datos
preme en SIGUIENTE
paso 9
podes introducir o teu nome(1) e apelidos(2) para personalizar certas aplicacións de Google
preme SIGUIENTE
paso 10
preme SIGUIENTE para aceptar que Google acceda a certas características do teu teléfono para determinar a túa ubicación e mellorar os servizos que che ofrece
se non queres enviar eses datos, podes desmarcar os checks correspondentes(1)