R
guias de uso móbilR
bq aquaris m4.5
enviar mms
<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal
paso 1
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en MENÚ
paso 3
preme MENSAJERÍA
paso 4
preme na icona de NOVA MENSAXE
paso 5
introduce o teléfono do contacto directamente no recadro ou escribe as primeiras letras do contacto se o temos na axenda(1)
preme no CONTACTO para seleccionalo
paso 6
escribe opcionalmente un texto no corpo da mensaxe(1)
preme na icona de ACHEGAR ARQUIVO(2)
paso 7
preme sobre o tipo de elemento que queiras enviar
a modo de exemplo, enviaremos unha fotografía premendo en IMÁGENES
paso 8
preme en GALERÍA
paso 9
as fotos organízanse de xeito automático en carpetas en función da súa orixe
a modo de exemplo prememos en DESCARGAS, que son as descargadas de internet ou recibidas por correo electrónico
paso 10
prememos sobre unha das fotos da listaxe
paso 11
preme na icona de ENVIAR
lembra que non podes enviar mensaxes multimedia cun tamaño superior a 300Kb