- podemos pasar as fotos e demáis contido multimedia das seguintes formas:
- a través da tarxeta de memoria SD: a opción máis cómoda xa que, por defecto, os terminais gardan o contido multimedia na tarxeta SD
mete a tarxeta de memoria do teu antigo terminal no novo teléfono e comproba que están as fotos.Se o teu móbil (o antigo ou o novo) non ten ranura para tarxetas SD, terás que escoller outra opción
- a través de nube R: consiste en subir as fotos ou o contido que che interese gardar ao teu espazo nube R, o noso servizo de almacenamento na nube
- se esta é a túa opción, pincha aqui
- a través de Gmail: consiste en facer unha copia das fotos e videos do teu móbil antigo nos servidores de gmail
despois, no novo teléfono, unicamente precisarás configurar a conta de gmail para ter acceso á copia
- se esta é a túa opción, pincha aqui
- usando un PC: trátase de conectar o móbil ao ordenador e copiar nel o contido multimedia, da mesma maneira que cando se conecta un pendrive
a principal vantaxe é que non se vai consumir nada da nosa tarifa de datos e tampouco deberiamos ter problemas de espazo no ordenador
- se esta é a túa opción, pincha aqui