a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e unha CONTA DE CORREO DE GOOGLE. Se non as tes configuradas, revisa como facelo nos manuais correspondentes:
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en MENÚ
paso 3
preme PLAY STORE
se non localizas a icona, proba a deslizares o dedo de dereita a esquerda para desprazar a pantalla
paso 4
a busca de aplicacións podemos facela de dúas maneiras:
premendo na CAIXA DE TEXTO da parte superior(1) faremos unha procura directa da aplicación se lle sabemos o nome
na parte central dispoñemos dunha primeira clasificación do que podemos baixar (aplicacións, películas ou libros)
como exemplo, prememos en APLICACIONES
paso 5
a modo de exemplo, imos descargar un xogo
prememos en JUEGOS
paso 6
na parte superior da pantalla(1) temos a clasificación do tipo de elemento que teñamos elixido no paso anterior
desprazando a pantalla á dereita ou á esquerda moverémonos entre inicio(por defecto), top ventas, top gratis, top en ingresos, top ventas novo e top gratis novo(2)
paso 7
a modo de exemplo situámonos en TOP JUEGOS(1) e prememos sobre o xogo que queiramos
paso 8
prememos en INSTALAR
paso 9
prememos ACEPTAR
paso 10
o xogo comeza a descargarse
paso 11
unha vez descargado podemos abrilo inmediatamente premendo ABRIR
paso 12
para acceder en calquera momento ás aplicacións que descargamos situámonos na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 13
preme APLICACIONES
paso 14
atoparemos a aplicación que descargamos ordenada alfabeticamente