paso 1
- asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
paso 3
paso 4
- despraza a pantalla cara abaixo, ata o apartado DISPOSITIVO(1) e preme en SONIDOS Y NOTIFICACIONES
paso 5
paso 6
- selecciona SONIDO, para que o teléfono soe e vibre (se o tes activado) ó recibir unha chamada, só VIBRACIÓN, ou SILENCIO
- en azul aparece a opción que está activa nese momento
paso 7
paso 8
- nesta pantalla podes establecer o volume do timbre de chamada, das notificacións de mensaxes e da alarma
- despraza cada unha das barras á dereita ou á esquerda para subir e baixar, respectivamente, o volume de cada opción(1)
- preme na FRECHA DE RETROCEDER
paso 9
- preme en MELODÍAS Y SONIDOS
paso 10
- nesta pantalla poderemos seleccionar os distintos sons de notificación para cada actividade
- imos ver as opcións principais
- preme en MELODÍA
paso 11
- selecciona unha melodía para o teléfono(1)
- o check en verde indica a melodía seleccionada
- preme na FRECHA DE RETROCEDER
paso 12
- do mesmo xeito, podemos modificar o son predeterminado para os avisos(1), as mensaxes(2), os eventos do calendario(3) e actividades do correo electrónico(4)
- despraza a pantalla cara abaixo
paso 13
- tamén podemos activar ou desactivar outros sons de sistema: sons táctiles, de marcación, de bloqueo de pantalla ou de uso de teclado(1)
- o interruptor en verde indica que a opción está activada
- preme na FRECHA DE RETROCEDER
paso 14
paso 15
- se premes no interruptor de VIBRAR CUANDO SUENE, o teléfono vibrará ó recibir unha chamada
- o interruptor en verde indica que está activado
paso 16
- tamén podemos variar outros parámetros, como a INTENSIDAD DE LA VIBRACIÓN(1) ou o MODO DE VIBRACIÓN(2)
- e activar a vibración en determinados eventos de software ou de uso do teclado(3)
- os interruptores en verde indican que as opcións están activadas
- preme a FRECHA DE RETROCEDER para saír