samsung galaxy j5

inserir SIM e primeiros pasos

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


  • retira a tapa posterior e a batería(1)

  • insire a tarxeta microSIM no seu emplazamento na posición indicada no debuxo(2)

  • introduce a tarxeta de memoria microSD no seu emplazamento na posición indicada no debuxo(3)

  • volve colocar a batería e a tapa posterior


paso 2 paso 2 paso 2


  • a ranura USB para cargar o móbil ou conectalo ó ordenador atópase na parte inferior do dispositivo


paso 3 paso 3 paso 3


  • acende o móbil


paso 4 paso 4 paso 4


  • debes introducir o PIN da tarxeta SIM

  • atoparás o PIN na lata de sardiñas R que ven coa SIM ou na web de clientes R: http://clientes.mundo-r.com


paso 5 paso 5 paso 5


  • introduce o PIN da SIM(1) e preme OK


paso 6 paso 6 paso 6


  • selecciona o idioma do teléfono(1) e preme na FRECHA de continuar


paso 7 paso 7 paso 7


  • en conexión wi-fi prememos SIGUIENTE

  • poderemos conectarnos a unha rede wi-fi máis adiante


paso 8 paso 8 paso 8


  • prememos SIGUIENTE para aceptar os termos de licencia de Samsung e poder continuar


paso 9 paso 9 paso 9


  • preme ACEPTO para confirmar a aceptación dos termos e condicións de Samsung


paso 10 paso 10 paso 10


  • podemos copiar os datos doutro dispositivo android compatible con Beam

  • preme SALTAR, poderás facelo máis adiante


paso 11 paso 11 paso 11


  • preme SALTAR

  • poderás configurar a túa conta google e sincronizar os datos máis adiante


paso 12 paso 12 paso 12


  • preme SALTAR


paso 13 paso 13 paso 13


  • podes darlle un nome ó teu dispositivo(1) para personalizar algunhas aplicacións, como Bluetooth

  • preme SIG


paso 14 paso 14 paso 14


  • preme SIGUIENTE para aceptar que android reciba certos datos de utilización do teléfono de xeito anónimo

  • se non queres enviar eses datos, podes desmarcar os checks correspondentes(1)


paso 15 paso 15 paso 15


  • preme OMITIR para saltar a creación dunha conta Samsung

  • poderás facelo máis adiante


paso 16 paso 16 paso 16


  • volve a premer OMITIR para saltar este paso


paso 17 paso 17 paso 17


  • podes activar, se o desexas, o MODO FÁCIL(1) para simplificar os menús do teléfono

  • para ter pleno acceso ás funcións explicadas neste titorial, deixámolo desactivado

  • a cor gris indica que a opción está desactivada

  • preme FINALIZAR para rematar