samsung galaxy grand neo plus

conexión con PLAY STORE (activación se xa tes conta de google)

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


  • se non sabes como seleccionar a SIM que queres utilizar para o servizo de datos, mostrámoscho no titorial inserir SIM e primeiros pasos

  • a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como facelo no titorial de configuración de internet

  • asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL


paso 2 paso 2 paso 2


  • preme en MENÚ


paso 3 paso 3 paso 3


  • preme PLAY STORE

  • se non localizas a icona, proba a deslizares o dedo de dereita a esquerda para desprazar a pantalla


paso 4 paso 4 paso 4


  • play store require ter unha conta GOOGLE para funcionar. Se non a tes activada no teléfono, aparecerache a pantalla de configurar a conta de GOOGLE

  • preme USAR CUENTA se xa dispós dunha conta de GOOGLE


paso 5 paso 5 paso 5


  • introduce o nome de usuario(1) e o contrasinal(2) da túa conta de GOOGLE

  • preme a icona de CONTINUAR


paso 6 paso 6 paso 6


  • podes configurar Google+ neste momento ou facelo, se o desexas, máis tarde

  • preme en AHORA NO


paso 7 paso 7 paso 7


  • a túa conta de Google fará unha copia de seguridade das túas aplicacións e axustes

  • preme na icona de CONTINUAR


paso 8 paso 8 paso 8


  • tes a posibilidade de vincular unha tarxeta de crédito para comprar aplicacións de pago de Google Play

  • prememos en OMITIR e xa temos acceso a Play Store