asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo no BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en MENÚ
paso 3
preme en FOTOS
paso 4
preme en EMPEZAR
paso 5
a primeira vez que entramos, deberemos configurar as opcións de copia de seguridade
despraza a pantalla cara abaixo
paso 6
por defecto aparécenos activada a opción de crear copia de seguridade das nosas fotos e vídeos na nosa conta de Google(1)
o interruptor na posición ACTIV indica que a copia de seguridade está activada
despraza a pantalla cara abaixo
paso 7
para non esgotar o noso plan de datos, deixa a opción USAR DATOS MÓVILES PARA REALIZAR LA COPIA DE SEGURIDAD desactivada(1)
o interruptor en gris indica que o uso de datos móviles está desactivado
preme en CONTINUAR
paso 8
agora debemos indicar con que calidade queremos gardar as nosas fotos:
Alta Calidad(1): as fotos gardaranse nunha boa calidade pero inferior á orixinal. A principal vantaxe é que teremos almacenamento ilimitado gratuito
Original(2): as fotos gardaranse coa calidade orixinal do teléfono, posiblemente maior da que precisas. Gardándoas con esta calidade, teremos un almacenamento limitado que, opcionalmente, poderemos ampliar pagando unha cuota periódica
o check en negro indica a opción escollida
preme en CONTINUAR
paso 9
preme na icona de CONTINUAR para avanzar no percorrido pola aplicación que nos ofrece Google
paso 10
preme na icona de CONTINUAR para avanzar
paso 11
preme na icona de CONTINUAR para avanzar
paso 12
preme na icona de FINALIZAR
paso 13
a aplicación procederá a facer a copia de seguridade
este proceso levará máis ou menos tempo en función da cantidade de fotos e vídeos que teñas no móbil, asi como da velocidade da túa conexión wi-fi. Ten paciencia
paso 14
agora debemos verificar que temos activada a opción de sincronización de fotos na nosa conta de Google
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 15
preme en MENÚ
paso 16
preme en AJUSTES
paso 17
despraza a pantalla cara abaixo, ata o apartado PERSONAL(1)
preme en GOOGLE
paso 18
preme na conta que queres sincronizar
paso 19
asegúrate que a opción SINCRONIZAR GOOGLE FOTOS(1) está seleccionada