nokia 215

transferir arquivos por bluetooth

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


  • para compartir por bluetooth un arquivo con outros dispositivos precisas ter activado o bluetooth; se non sabes como facelo, amosámoscho no titorial de activar bluetooth

  • todos os arquivos susceptibles de seren enviados por bluetooth han ter esta opción dispoñible a través do menú de opcións unha vez que os teñamos seleccionados

  • asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO


paso 2 paso 2 paso 2


  • o exemplo farémolo enviando un contacto da nosa axenda

  • preme na tecla MENÚ


paso 3 paso 3 paso 3


  • coas TECLAS DE DIRECCIÓN(1) selecciona CONTACTOS e preme o BOTÓN CENTRAL


paso 4 paso 4 paso 4


  • se escribimos as primeiras letras do contacto que buscamos na caixa de texto(1) irásenos acotando a listaxe de contactos

  • selecciona o contacto coas TECLAS DE DIRECCIÓN(2) e preme o BOTÓN CENTRAL


paso 5 paso 5 paso 5


  • o contacto ábrese nunha nova fiestra

  • preme na tecla de OPC.


paso 6 paso 6 paso 6


  • coas TECLAS DE DIRECCIÓN(1) selecciona COMPARTIR CONTACTO e preme o BOTÓN CENTRAL


paso 7 paso 7 paso 7


  • coas TECLAS DE DIRECCIÓN(1) selecciona COMP. RÁP. BLUETOOTH e preme o BOTÓN CENTRAL


paso 8 paso 8 paso 8


  • asegúrate de que os dous dispositivos están cerca un do outro e preme o BOTÓN CENTRAL


paso 9 paso 9 paso 9


  • coas TECLAS DE DIRECCIÓN(1) selecciona o dispositivo de destino e preme o BOTÓN CENTRAL

  • o contacto enviarase ó destino escollido

  • o tempo do proceso dependerá do tamaño do arquivo que esteas a mandar