- IMPORTANTE:
LE ISTO ANTES DE INSTALAR WHATSAPP NO NOVO MÓBIL!!!
- cando instalas WhatsApp nun novo teléfono seguirás tendo os mesmos grupos que tiñas antes, aínda que non terás o historial de conversas ou as fotos que che enviaran por WhatsApp no teu móbil antigo
- se non tes interese en gardar ese historial, adiante, instala xa o WhatsApp no novo móbil. Nós recomendámosche que fagas isto; pensa en que é unha boa ocasión para facer limpeza e comezar de novo aforrando espazo
- se pola contra, queres facer unha copia de todo WhatsApp, continúa lendo
- debes saber que hai principalmente dúas formas de copiar TODO o WhatsApp:
- copia a través de tarxeta de memoria: faise unha copia da aplicación na tarxeta de memoria do móbil antigo e despois, antes de instalar o whatsapp no novo, métese a SD nel
a desvantaxe deste método é que non todos os móbiles teñen ranura para SD, e poderías non ter espazo suficiente na SD para facer a copia - se queres facer a copia deste xeito, preme aquí
- copia a través do PC: trátase de facer unha copia da carpeta WhatsApp do móbil no ordenador e, posteriormente, pasar esta carpeta ao móbil novo antes de instalar o WhatsApp
a desvantaxe deste método é ter que depender dun PC. Pola contra, non deberiamos ter problemas de espazo dispoñible nin depender de que os móbiles teñan ranura SD- se queres facer a copia deste xeito, preme aquí