a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como facelo no titorial de configuración de internet
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en APPS
paso 3
preme PLAY STORE
se non localizas a icona, proba a deslizares o dedo de dereita a esquerda para desprazar a pantalla
paso 4
play store require ter unha conta GOOGLE para funcionar. Se non a tes activada no teléfono, aparecerache a pantalla de configurar a conta de GOOGLE
se xa dispós dunha conta de GOOGLE introduce o teu enderezo de correo de GOOGLE(1) e preme SIGUIENTE
paso 5
introduce o contrasinal(1) da túa conta de GOOGLE
preme SIGUIENTE
paso 6
preme ACEPTAR se estás de acordo coas condicións de uso de GOOGLE e poder continuar
paso 7
o check activado(1) indica que aceptas que GOOGLE garde os teus contrasinais wi-fi e certos datos do teu teléfono para que a utilización sexa máis fluida
preme SIGUIENTE
paso 8
podes configurar os datos de pagamento se desexas mercar aplicacións, ou facelo máis tarde
selecciona RECORDÁRMELO MÁS TARDE(1) premendo enriba