asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en APPS
paso 3
preme GALERÍA
paso 4
as fotos organízanse de xeito automático en álbumes en función da súa orixe
a modo de exemplo, prememos en DOWNLOAD, que son as fotos baixadas de internet ou recibidas por correo electrónico
paso 5
aparécenos a listaxe de todas as fotos que hai na carpeta
prememos sobre calquera unha
paso 6
ábrese a pantalla completa
nas opcións da parte inferior poderemos autoaxustar cores(1) ou compartila en Google Drive, facebook, picassa, twitter...(2)
paso 7
tamén podemos editala(1) ou borrala(2)
para acceder a outras funcións preme en MÁS
paso 8
desde aquí poderemos xirala, acceder ós detalles da foto, facer unha presentación en forma de diapositivas ou definila como imaxe de contacto ou fondo de pantalla(1)