coa ferramenta subministrada, retira a bandexa que soporta a tarxeta nanoSIM e a tarxeta microSD, no lateral do teléfono. Coloca as túas tarxetas nos seus emprazamentos e volve colocar a bandexa no seu lugar(1)
paso 2
a ranura USB para cargar o móbil ou conectalo ó ordenador atópase na parte inferior do terminal
paso 3
acende o móbil premendo o BOTÓN DE ACENDIDO(1) durante 2 segundos
paso 4
debes introducir o PIN da tarxeta SIM
atoparás o PIN na lata de sardiñas ou na cinta de casette R que ven coa SIM, ou na web de clientes R: http://clientes.mundo-r.com
paso 5
introduce o PIN da SIM(1) e preme na icona de VALIDAR
paso 6
selecciona o idioma do teléfono(1) e preme na icona de CONTINUAR
paso 7
preme no interruptor de ACTIVAR DATOS MÓVILES(1)
a posición en morado indica que está activado
deste xeito poderemos usar todas aquelas aplicacións que precisen conexión de datos usando a nosa cota de datos contratada
preme en SIGUIENTE
paso 8
en conexión wi-fi prememos SALTAR
poderemos conectarnos a unha rede wi-fi máis adiante
paso 9
preme en SALTAR DE TODAS FORMAS
paso 10
selecciona NO, GRACIAS(1) para saltar o paso de recuperar os datos do teu dispositivo anterior neste momento; poderás facelo máis adiante
o check en azul indica a opción seleccionada
preme en SIGUIENTE
paso 11
preme en SALTAR para configurar a túa conta de Google máis adiante
paso 12
preme en SALTAR para confirmar
paso 13
podes introducir o teu nome(1) e apelidos(2) para personalizar certas aplicacións de Google
preme SIGUIENTE
paso 14
tes a posibilidade de configurar as túas contas de correo
selecciona AHORA NO(1), poderás facelo máis adiante
o check en azul indica a opción seleccionada
preme en SIGUIENTE
paso 15
selecciona NO, GRACIAS(1); poderás protexer o teu dispositivo máis adiante
o check en azul indica a opción seleccionada
preme en SALTAR
paso 16
preme en SALTAR DE TODAS FORMAS para confirmar
paso 17
o terminal enviará certa información de uso do teléfono a Google para mellorar o servizo
preme en SIGUIENTE se estás de acordo coas condicións de uso e poder continuar
paso 18
por defecto terás activados os servizos de actualización automáticos cando esteas conectado a unha rede wi-fi
preme en SIGUIENTE para continuar
paso 19
selecciona CONTRATAR MÁS TARDE(1) para subscribirte ó seguro de protección de BQ noutro momento
o check en morado indica a opción seleccionada
preme en SIGUIENTE e xa tes os teu móbil listo para usar