bq aquaris x

inserir SIM e primeiros pasos

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


  • introduce a ferramenta que atoparás na caixa do móbil no burato do lateral esquerdo para introducir as tarxetas SIM e SD na bandexa extraíble

  • tipo de tarxeta SIM: nanoSIM

  • tipo de tarxeta SD: microSD

  • presta atención á colocación das tarxetas de acordo co indicado no debuxo


paso 2 paso 2 paso 2


  • a ranura USB para cargar o móbil ou conectalo ó ordenador atópase na parte inferior do terminal


paso 3 paso 3 paso 3


  • acende o móbil premendo o BOTÓN DE ACENDIDO(1) durante 2 segundos


paso 4 paso 4 paso 4


  • debes introducir o PIN da tarxeta SIM

  • atoparás o PIN na lata de sardiñas ou na cinta de casette R que ven coa SIM, ou na web de clientes R: http://clientes.mundo-r.com


paso 5 paso 5 paso 5


  • introduce o PIN da SIM(1) e preme na icona de VALIDAR


paso 6 paso 6 paso 6


  • selecciona o idioma do teléfono(1) e preme en COMENZAR


paso 7 paso 7 paso 7


  • preme no interruptor de ACTIVAR DATOS MÓVILES(1)

  • a posición en morado indica que está activado

  • deste xeito poderemos usar todas aquelas aplicacións que precisen conexión de datos usando a nosa cota de datos contratada

  • preme en SIGUIENTE


paso 8 paso 8 paso 8


  • temos a posibilidade de recuperar os nosos datos do anterior dispositivo

  • para continuar co titorial, prememos en CONFIGURAR COMO NUEVO, de xeito que aprenderemos a facer cada cousa manualmente


paso 9 paso 9 paso 9


  • en CONÉCTATE A UNA RED, pulsamos en USAR LA RED MÓVIL PARA LA CONFIGURACIÓN

  • poderemos conectarnos a unha rede wi-fi máis adiante


paso 10 paso 10 paso 10


  • preme en SALTAR para configurar a túa conta de Google máis adiante


paso 11 paso 11 paso 11


  • preme en SALTAR para confirmar


paso 12 paso 12 paso 12


  • podes introducir o teu nome e apelidos(1) para personalizar certas aplicacións de Google

  • preme SIGUIENTE


paso 13 paso 13 paso 13


  • preme en OMITIR, poderás configurar a túa pegada dixital máis adiante


paso 14 paso 14 paso 14


  • preme en SI, OMITIR para confirmar


paso 15 paso 15 paso 15


  • o terminal enviará certa información de uso do teléfono a Google para mellorar o servizo

  • preme en SIGUIENTE se estás de acordo coas condicións de uso e poder continuar


paso 16 paso 16 paso 16


  • preme en LISTO

  • veremos como configurar as contas de correo e outros axustes máis adiante


paso 17 paso 17 paso 17


  • preme en SIGUIENTE se estás de acordo coas condicións de BQ e poder continuar


paso 18 paso 18 paso 18


  • preme en MÁS TARDE para subscribirte ó seguro de protección de BQ noutro momento

  • xa tes os teu móbil listo para usar