bq aquaris x

recuperar fotos da conta de gmail

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


  • para recuperar as fotos da conta de gmail tes que ter a conta configurada no teléfono

  • se non sabes como facelo mostrámoscho no titorial de CONFIGURACIÓN DE CONTAS GMAIL

  • asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL


paso 2 paso 2 paso 2


  • despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS


paso 3 paso 3 paso 3


  • preme en FOTOS


paso 4 paso 4 paso 4


  • preme en EMPEZAR


paso 5 paso 5 paso 5


  • a primeira vez que entras na aplicación coa conta de gmail activada, asegúrate de que o interruptor de CREAR COPIA DE SEGURIDAD Y SINCRONIZAR(1) estea na posición en azul, o que indica que está activado

  • deste xeito, o programa realizará a copia de seguridade das fotos do teu teléfono e sincronizaraas con todos os dispositivos nos que teñas a aplicación Fotos activada co teu usuario cando esteas conectado a unha rede wi-fi

  • preme en LISTO


paso 6 paso 6 paso 6


  • este proceso levará máis ou menos tempo en función da cantidade de fotos e vídeos que teñas no móbil, así como da velocidade da túa conexión wi-fi. Ten paciencia

  • xa tes acceso ás túas fotos