R
guias de uso móbilR
samsung galaxy s8
realizar/gardar foto-vídeo
<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal
paso 1
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS
paso 3
preme CÁMARA
paso 4
a pantalla mostrará o encadre da fotografía
para tirar unha foto tes que premer o botón do disparador(1)
todas as fotos que fagamos hanse gardar automaticamente na carpeta CÁMARA da GALERÍA(2)
paso 5
para pasar a modo vídeo, preme na icona de VÍDEO(1)
para pasar á cámara frontal, despraza a pantalla de abaixo a arriba
paso 6
despraza a pantalla de dereita a esquerda
paso 7
poderemos escoller entre distintos filtros e efectos de fotografías(1)
preme a TECLA DE RETROCESO para saír
paso 8
despraza a pantalla de esquerda a dereita
paso 9
poderemos escoller entre distintos modos de fotografía(1)
preme a tecla de RETROCESO para saír
paso 10
tamén podemos pasar á cámara frontal(1), activar o modo HDR(2) e activar ou desactivar o flash(3)
preme o botón de AXUSTES
paso 11
desde esta pantalla poderemos modificar o tamaño das imaxes de foto e vídeo, a definición, o temporizador, etc.(1)
o interruptor en azul ó pé de determinadas opcións indica que están activadas
preme a TECLA DE RETROCESO para saír