lg g6

descarga e instalación de WhatsApp

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


  • a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e unha CONTA DE CORREO DE GOOGLE. Se non as tes configuradas, revisa como facelo nos manuais correspondentes:
  • asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL


paso 2 paso 2 paso 2


  • preme en PLAY STORE


paso 3 paso 3 paso 3


  • introduce WHATSAPP na caixa de texto(1) e preme en WHATSAPP MESSENGER


paso 4 paso 4 paso 4


  • preme en INSTALAR


paso 5 paso 5 paso 5


  • unha vez instalado o WhatsApp, preme en ABRIR para configurar a aplicación


paso 6 paso 6 paso 6


  • preme en ACEPTAR Y CONTINUAR se estás de acordo cos termos de uso e poder utilizar a aplicación


paso 7 paso 7 paso 7


  • terás que asignarlle permisos a WhatsApp para que poida acceder ós teus contactos e fotos

  • preme en CONTINUAR


paso 8 paso 8 paso 8


  • pulsa en PERMITIR para que WhatsApp poda acceder ós teus contactos


paso 9 paso 9 paso 9


  • introduce o teu número de teléfono(1) e preme SIG.


paso 10 paso 10 paso 10


  • preme OK se o número é correcto


paso 11 paso 11 paso 11


  • recibirás unha mensaxe SMS cun código de activación, pero non deberás facer nada: a aplicación autoconfigurarase soa

  • para iso teremos que asignarlle permisos de lectura para as nosas mensaxes de texto

  • preme en CONTINUAR


paso 12 paso 12 paso 12


  • preme en PERMITIR para darlle acceso a WhatsApp ás mensaxes de texto


paso 13 paso 13 paso 13


  • a aplicación buscará a existencia dunha copia de seguridade asociada ó teu teléfono

  • se existe a copia de seguridade, recupéraa neste momento, non poderás facelo máis tarde
  • preme en RESTAURAR


paso 14 paso 14 paso 14


  • o tempo de restauración dependerá da cantidade de conversas gardadas e da calidade da túa conexión. Ten paciencia

  • unha vez restaurada a copia de seguridade, preme en SIG.


paso 15 paso 15 paso 15


  • introduce o teu nome tal e como queres que apareza nas conversas de WhatsApp(1) e preme SIG.


paso 16 paso 16 paso 16


  • o WhatsApp xa está configurado

    para iniciar unha conversa, preme na icona de NOVA MENSAXE


paso 17 paso 17 paso 17


  • selecciona o contacto ó que lle queres enviar a mensaxe premendo sobre el

    WhatsApp collerá para a súa listaxe de contactos os números da axenda do teléfono que usen a aplicación


paso 18 paso 18 paso 18


  • escribe a mensaxe na caixa de texto(1) e preme na icona de ENVIAR