para compartir por bluetooth un arquivo con outros dispositivos precisas ter activado o bluetooth; se non sabes como facelo, amosámoscho no titorial de activación de bluetooth
todos os arquivos susceptibles de seren enviados por bluetooth han ter esta opción dispoñible a través do menú contextual unha vez que os teñamos seleccionados
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS
paso 3
o exemplo farémolo enviando un contacto da nosa axenda
preme CONTACTOS
paso 4
se escribimos as primeiras letras do contacto que buscamos(1) irásenos acotando a listaxe de contactos
prememos sobre o contacto que nos interese
paso 5
preme COMPARTIR
paso 6
preme en ARCHIVO VCARD (VCF) para envialo como arquivo de contacto compatible
paso 7
preme BLUETOOTH
paso 8
preme sobre o dispositivo de destino
a tarxeta do contacto enviarase ao dispositivo seleccionado
o tempo de envío dependerá do tamaño do arquivo seleccionado