iphone 8

procura e descarga de aplicacións

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


  • a conexión con App Store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e un APPLE ID. Se non os tes configurados, revisa como facelo nos manuais correspondentes:
  • asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO


paso 2 paso 2 paso 2


  • preme en APP STORE


paso 3 paso 3 paso 3


  • a procura de aplicacións podémola facer de dous xeitos:
    • premendo na icona da LUPA(1) na parte inferior, faremos unha procura directa da aplicación se lle sabemos o nome
    • tamén podemos buscar as aplicacións accedendo ás distintas categorías(2) (xogos, fotografía, educación...) ou especificamente ós xogos(3); a modo de exemplo, prememos en JUEGOS(3)


paso 4 paso 4 paso 4


  • podemos desprazarnos á dereita ou esquerda e arriba ou abaixo, de acordo coas clasificacións que propón a App Store

  • a modo de exemplo, desprazámonos cara abaixo, ata o apartado TOP GRATIS(1) e prememos no OBTENER situado á dereita do xogo que queiramos


paso 5 paso 5 paso 5


  • preme en INSTALAR


paso 6 paso 6 paso 6


  • sempre que instalemos algo desde App Store teremos que identificarnos

  • poderemos facelo de dous xeitos:

    • introducindo o contrasinal do noso Apple ID(1) e premendo en INICIAR SESIÓN

    • ou ben, utilizando a pegada dactilar, se así o temos configurado


paso 7 paso 7 paso 7


  • unha vez descargada e instalada a aplicación, poderemos executala directamente premendo en ABRIR


paso 8 paso 8 paso 8


  • para acceder ás aplicacións que teñamos descargado situámonos na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO


paso 9 paso 9 paso 9


  • posiblemente teñas que desprazar a pantalla de dereita a esquerda para moverte entre as diferentes fiestras de inicio para localizar a aplicación

  • para abrila, prememos sobre ela