honor 8x

inserir SIM e primeiros pasos

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal


paso 1 paso 1 paso 1


  • introduce a ferramenta subministrada no burato situado no lateral esquerdo do terminal e retira a bandexa oculta

  • esta bandexa soporta o uso de dúas nanoSIM e unha tarxeta de memoria microSD

  • coloca a/s nanoSIM/s e a micro SD nos seus emprazamentos(1) tal e como se amosa na foto

  • volve colocar a bandexa no seu lugar


paso 2 paso 2 paso 2


  • a ranura USB para cargar o móbil ou conectalo ó ordenador atópase na parte inferior do terminal


paso 3 paso 3 paso 3


  • acende o móbil premendo o botón de ACENDIDO(1) durante 2 segundos


paso 4 paso 4 paso 4


  • debes introducir o PIN da tarxeta SIM

  • atoparás o PIN na lata de sardiñas R ou na cinta de casete R que ven coa SIM, ou na web de clientes R: http://clientes.mundo-r.com


paso 5 paso 5 paso 5


  • introduce o pin da SIM(1) e preme ACEPTAR


paso 6 paso 6 paso 6


  • selecciona o idioma do teléfono(1) e preme en COMENZAR

  • o check en azul indica o idioma seleccionado


paso 7 paso 7 paso 7


  • selecciona o check de confirmación de lectura(1) se estás de acordo cos termos e condicións de uso e poder continuar

  • o check en azul indica que está seleccionado

  • preme en SIGUIENTE


paso 8 paso 8 paso 8


  • preme en OMITIR, aprenderemos a conectarnos a unha rede wi-fi máis adiante


paso 9 paso 9 paso 9


  • preme en SALTAR na configuración da conta de Google

  • poderemos configurala máis adiante


paso 10 paso 10 paso 10


  • preme SALTAR para confirmar que non queremos configurar a conta de Google neste momento


paso 11 paso 11 paso 11


  • despraza a pantalla cara abaixo, ata o final das condicións de servizo de Google, e preme en ACEPTAR


paso 12 paso 12 paso 12


  • preme en OMITIR

  • poderás, se queres, configurar o ID de Huawei máis adiante


paso 13 paso 13 paso 13


  • preme en OMITIR, poderás configurar o servizo CLOUD de Huawei máis adiante


paso 14 paso 14 paso 14


  • preme en OMITIR, para confirmar


paso 15 paso 15 paso 15


  • preme en OMITIR, aprenderemos a bloquear o teléfono máis adiante


paso 16 paso 16 paso 16


  • preme en NO, GRACIAS para evitar o envío de información a Huawei


paso 17 paso 17 paso 17


  • preme en FINALIZAR, aprenderemos a importar os nosos datos máis adiante


paso 18 paso 18 paso 18


  • preme en ACEPTAR para confirmar que configuraremos o teléfono como un novo dispositivo


paso 19 paso 19 paso 19


  • preme en MÁS TARDE

  • máis adiante veremos como descargar as aplicacións que nos interesan


paso 20 paso 20 paso 20


  • o teu teléfono xa está configurado e pronto para usarse

  • preme en LISTO para acceder á pantalla de inicio