iphone 7

conexión con APP STORE (activación se non tes un Apple ID)

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


  • a conexión con App Store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como facelo no titorial de configuración de internet

  • asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO


paso 2 paso 2 paso 2


  • preme en AJUSTES


paso 3 paso 3 paso 3


  • preme en ITUNES STORE Y APP STORE


paso 4 paso 4 paso 4


  • App Store require ter un Apple ID para funcionar. Se non dispós dun Apple ID preme en CREAR UN NUEVO ID DE APPLE


paso 5 paso 5 paso 5


  • selecciona o país ou rexión(1)

    o check en azul indica que está seleccionado

  • preme SIGUIENTE


paso 6 paso 6 paso 6


  • preme ACEPTAR se estás de acordo coas condicións de servizo e política de privacidade de Apple e poder continuar


paso 7 paso 7 paso 7


  • preme ACEPTAR


paso 8 paso 8 paso 8


  • introduce un correo electrónico que xa teñas operativo(1)

  • este será o teu novo ID de Apple

  • introduce nos dous campos(2) un mesmo contrasinal

  • o contrasinal deberá constar, polo menos, de 8 caracteres e incluir un número, unha maiúscula e unha minúscula

  • despraza a pantalla cara abaixo


paso 9 paso 9 paso 9


  • selecciona 3 preguntas de seguridade e escribe as respostas(1)

  • servirán para recuperar o teu contrasinal no caso de que o esquezas

  • opcionalmente podes introducir un enderezo de correo alternativo(2) ó que Apple recurrirá no caso de que non lembres as respuestas anteriores

  • preme en SIGUIENTE


paso 10 paso 10 paso 10


  • introduce a túa data de nacemento(1)

  • preme sobre os interruptores correspondentes para subscribirte a boletíns e noticias de Apple(2)

  • a posición en verde indica que están activados

  • preme en SIGUIENTE


paso 11 paso 11 paso 11


  • Apple esíxeche unha tarxeta de crédito válida para continuar co proceso de creación de conta de Apple ID

  • a vinculación dunha tarxeta de crédito co teu Apple ID non se esixe se creas a conta durante o proceso de configuración inicial do teléfono

  • introduce os datos que se solicitan(1) e despraza a pantalla cara abaixo


paso 12 paso 12 paso 12


  • introduce os teus datos de facturación(1) e preme en SIGUIENTE


paso 13 paso 13 paso 13


  • preme en ACEPTO se estás de acordo cos termos e condicións de servizo do sistema operativo (IOS), iCloud e Game Center e poder continuar


paso 14 paso 14 paso 14


  • preme en ACEPTO para confirmar


paso 15 paso 15 paso 15


  • xa tes configurado o teu novo Apple ID(1) e podes utilizar App Store