iphone 7

copia e restauración de WhatsApp de iphone a iphone

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


  • para restaurar unha copia de seguridade de WhatsApp é imprescindible que sigas estes pasos ANTES de instalar o WhatsApp no móbil novo

  • tamén necesitarás ter Apple ID para usalo nos dous dispositivos. Se non sabes como crear un Apple ID, mostrámoscho no titorial CONEXIÓN CON APP STORE SE NON TES UN APPLE ID

  • colle o móbil antigo e asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO


paso 2 paso 2 paso 2


  • antes de nada, temos que asegurarnos de ter activado iCloud

  • preme en AJUSTES


paso 3 paso 3 paso 3


  • preme en ICLOUD


paso 4 paso 4 paso 4


  • introduce o teu usuario de Apple ID(1) e o teu contrasinal(2)

  • preme en INICIAR SESIÓN


paso 5 paso 5 paso 5


  • preme en ACEPTAR se estás de acordo cos termos de uso de iCloud e poder continuar


paso 6 paso 6 paso 6


  • preme ACEPTAR para confirmar


paso 7 paso 7 paso 7


  • preme en ICLOUD DRIVE


paso 8 paso 8 paso 8


  • preme no interruptor de ICLOUD DRIVE para activalo

  • a posición en verde indica que está activo

  • xa temos iCloud activado e podemos utilizalo para subir arquivos das aplicacións que teñamos instaladas á nosa nube de Apple


paso 9 paso 9 paso 9


  • agora faremos a copia de seguridade das mensaxes de WhatsApp

  • asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO


paso 10 paso 10 paso 10


  • preme en WHATSAPP


paso 11 paso 11 paso 11


  • preme en AJUSTES


paso 12 paso 12 paso 12


  • preme en CHATS


paso 13 paso 13 paso 13


  • preme en RESPALDO DE CHATS


paso 14 paso 14 paso 14


  • preme en REALIZAR RESPALDO AHORA

  • Whatsapp procederá a realizar a copia de seguridade; o proceso puede levar algún tempo, ten paciencia


paso 15 paso 15 paso 15


  • agora procederemos a restaurar a copia de seguridade no iphone novo

  • colle o teléfono novo e preme no BOTÓN CENTRAL para acceder á pantalla de inicio


paso 16 paso 16 paso 16


  • a conexión con App Store requere ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e un APPLE ID. Se non os tes configurados, revisa como facelo nos manuais correspondentes:

  • preme en APP STORE


paso 17 paso 17 paso 17


  • preme na icona da LUPA para procurar a aplicación


paso 18 paso 18 paso 18


  • introduce WHATSAPP na caixa de texto(1) e preme en BUSCAR


paso 19 paso 19 paso 19


  • en Whatsapp Messenger, preme en OBTENER


paso 20 paso 20 paso 20


  • preme en INSTALAR


paso 21 paso 21 paso 21


  • introduce o contrasinal do teu Apple ID(1) e preme OK


paso 22 paso 22 paso 22


  • unha vez instalado o WhatsApp, preme en ABRIR para configurar a aplicación


paso 23 paso 23 paso 23


  • preme en PERMITIR para que Whatsapp poida envíarche notificacións, como por exemplo avisos de mensaxes novas


paso 24 paso 24 paso 24


  • introduce o teu número de teléfono(1) e preme OK


paso 25 paso 25 paso 25


  • se recibes un SMS de WhatsApp cun código numérico de 6 cifras, introduce este código de verificación(1)


paso 26 paso 26 paso 26


  • o sistema recoñece que hai unha copia de seguridade dos teus chats en iCloud

  • preme en RESTAURAR EL HISTORIAL DE CHATS


paso 27 paso 27 paso 27


  • unha vez restaurada a copia de seguridade, preme en SIG


paso 28 paso 28 paso 28


  • preme en ACEPTAR Y CONTINUAR se estás de acordo cos termos do contrato e poder continuar coa instalación


paso 29 paso 29 paso 29


  • introduce o teu nome(1) tal e como queres que apareza nas conversas de Whatsapp

  • preme en OK


paso 30 paso 30 paso 30


  • xa tes o teu WhatsApp con todas as conversas que tiñas no teu teléfono antigo